888
Publicado o 2019-12-16

Nesta entrega #8 o noso artista convidado é o Kave Gz desde Vigo baixo un beat de Volk Gz. Kave GZ entra na escena do rap en galego no ano 2013 coa publicación da maqueta "Poesia de Combate". Mais en realidade xa se iniciou neste estilo á idade de 16 anos. De feito, foi a través da poesía, e non ao revés, como chegou ao rap. Este estilo outorgaba as ferramentas perfectas para o cultivo das letras. Kave GZ sempre aposta por un rap com letras combativas e conscientes dentro do contexto político e social da Galiza, com certas doses de exploración lírica do propio artista. Trás uns anos sen actividade na música, volveu en setembro de 2019 coa publicación do tema "Com polvoróm e magnolio" en forma de one shot ou o recente videoclip en colaboración com Lokutor. Este último é o seu actual produtor, dentro dun colectivo de artistas autoxestionado, de Candeán (Vigo), chamado Yimi You Rek. Instrumental por Volk Gz de Tinta Rebelde: https://www.youtube.com/user/TintaReb... Aquí tedes a canle de Yimi You Rek: https://www.youtube.com/channel/UCzQm... E aquí de Kave Gz: https://www.youtube.com/channel/UCiuV...