837
Publicado o 2022-05-26

O cantautor Manoele de Felisa ponlle música ao poema "A traxedia dos castiñeiros: o castiñeiro morto". O protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán, publicouno no ano 1931 no 'El Heraldo de Galicia' e recolleuno despois no seu primeiro poemario, 'Bebedeira' (1934). 'Polos vieiros de Florencio' é unha produción da Real Academia Galega que se desenvolve co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación. Música: Caamaño&Ameixeiras