496
Publicado o 2020-08-06

Sofía Espiñeira presenta o videoclip de "A vida contemplativa", tema pertencente ao primeiro disco da cantautora galega "Alá onde agroman as herbas". Esta canción é unha composición orixinal grabada e masterizada nos estudios Gourmet Sound por Alfonso Camarero. Na voz, guitarra, coros e clarinete Sofía Espiñeira, no contrabaixo Airán Beltrán e na percusión Alfonso Camarero. O videoclip foi grabado por Álvaro Barreiro en xuño de 2020.